Futuras intervencións no rural de Muxía cunha partida de 450.000 euros

O presidente da Deputación, Valentín Formoso, xunto ao alcalde de Muxía, Iago Toba_ Cedida

  • Actuarase na pista da Raposa en Quintáns e na fonte do Espiño de Trasufre entre outros

O Concello de Muxía iniciará nos vindeiros días intervencións por valor de 450.000 euros en todo o termo municipal. Trátase duns traballos que se centrarán principalmente no rural, acollendo un 80% dos proxectos.

Actuarase na pista da Raposa en Quintáns, na fonte do Espiño de Trasufre e tamén se iniciará a construción dun parque biosaudable no Coído. Unhas actuacións que se unen á rexeneración dos camiños interiores en Talón, Quintáns, Frixe e Bardullas.

O executivo local tamén anunciou «un gasto superior na segunda fase dos proxectos».