A volta á escena internacional de Estados Unidos prodúcese no cume que marcará a recuperación tras a catástrofe sanitaria. Na súa primeira viaxe como presidente dos Estados Unidos, Joe Biden priorizou o que definiu como «o esforzo global contra a Covid-19».
O primeiro ministro británico Boris Johnson referiuse á decisión da Unión Europea de non renegociar a ausencia de fronteira física entre as dúas irlandas: «Estados Unidos, Washington e o Reino Unido, ademais da Unión Europea, teñen unha cousa que absolutamente todos queremos facer e é manter o Acordo de Venres Santo de Belfast e asegurarnos de que mantemos o equilibrio do proceso de paz». Estados Unidos e Reino Unido comprometéronse a acordar unha nova ‘Carta Atlántica’ para consolidar lazos comerciais, turísticos e tecnolóxicos.
Biden marcou liñas de futuro: «Hoxe baseámonos no compromiso da Carta Atlántica para reactivar e actualizala para reafirmar esa promesa á vez que falamos directamente dos retos crave deste século: ciberseguridade, tecnoloxías emerxentes, saúde global e cambio climático».