Galegas 8M programa unha asemblea aberta de cara ao Día da Muller


En tres semanas celebrarase o Día Internacional da Muller, polo que moitas asociacións feministas están convocando diversas reunións telemáticas de cara á programación de eventos que se realizarán o vindeiro 8 de marzo.

Na Costa da Morte, Galegas 8M convida a todos os colectivos feministas e persoas particulares a unha asemblea aberta virtual que se celebrará este venres 19 ás sete da tarde.