62
A praia de Razo acolle este sábado e domingo o campionato galego de salvamento e socorrismo na categoría absoluta. O evento reunirá a 128 deportistas dunha decena de clubs, entre eles o Sysca carballés, organizador da proba xunto á Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, coa colaboración do Concello de Carballo. A presentación da proba tivo lugar este xoves no concello carballés en presenza do alcalde, Evencio Ferrero, o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, a secretaria do Sysca, Sandra Puga; e Sergio Quintela e Daniel Vila en representación da Federación galega.