Galicia acada un 43% de cobertura na vacinación pediátrica fronte á gripe

Vacinación frente a la gripe_Xunta de Galicia

Ata o de agora, o 43,44% da poboación pediátrica entre os 6 meses e os 5 anos de idade está vacinada contra a gripe en Galicia. Así o anunciou este venres o conselleiro de Sanidade en resposta a unha pregunta parlamentaria. Julio García Comesaña destacou a importancia da incorporación ao calendario de vacinación infantil da vacina da gripe, “unha importante medida de protección nun ano de alta incidencia de virus respiratorios na infancia”, ademais dunha iniciativa pioneira tanto en Galicia como no conxunto de España.

O titular da carteira sanitaria destacou que os resultados de vacinación foron posibles tras o plan piloto posto en marcha pola Consellería de Sanidade no Hospital Clínico de Santiago de Compostela para incrementar os niveis de vacinación da gripe entre a poboación infantil, e evitar cadros máis graves e contaxios. Só na pasada fin de semana 5.000 nenos e nenas recibiron a vacina contra a gripe nos distintos dispositivos habilitados para elo”, -informou o conselleiro de Sanidade-.