36
Galicia acadou o ano pasado a cifra de 128 doantes de órganos, o que permitiu que se realizaran case 300 transplantes nos hospitais galegos. A maioría, máis da metade, foron de ril, seguidos dos de fígado, pulmón, corazón e páncreas.
En Galicia hai unha taxa do 47, 6 por cento de doantes por cada millón de habitantes, un punto por riba da media nacional. E cada vez máis familias aceptan as doazóns.
Dende a comunidade sanitaria continúan a destacar a importancia e necesidade da doazón de órganos, que axuda a salvar vidas. Ademáis, recordan a importancia de doar tamén sangue -xa que o pasado ano as reservas estiveron moi baixas- e médula ósea.