28
Ourense volveu bater un novo récord de calor nos rexistros desta semana tras alcanzar á primeira hora da tarde deste xoves 44 graos, superando a máxima histórica anterior establecida este pasado martes de 43,3 graos. Nunha nova xornada da onda de calor, a capital ourensá supera mesmo a alcanzada en 2018, cando chegou aos 42 graos. A esperanza é que comece a remitir con vistas á fin de semana: a previsión é que o aviso baixe de vermello a laranxa tanto na conca do Miño como en Valdeorras.