O Goberno aloxará en Galicia 400 dos inmigrantes irregulares chegados nos últimos días ás illas Canarias. 350 destas persoas irán a Sanxenxo e o resto, a Sobrado dos Monxes. Algúns destes inmigrantes xa están en Galicia desde a semana pasada. Está previsto que o traslado aos seus aloxamentos definitivos se produza en dúas quendas, a primeira o vindeiro mércores e a segunda, unha semana despois. O Goberno galego mandoulle unha carta ao Executivo en funcións na que lle solicita máis información sobre a data concreta da chegada de cada grupo de inmigrantes, o estado de saúde no que se atopan por se precisan atención médica e a idade, por se é necesario a súa escolarización, entre outros asuntos.