Galicia acollerá millón e medio de desprazamentos en Semana Santa

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presentou este venres a campaña especial de Tráfico con motivo da Semana Santa, en que se despregarán 560 axentes da Garda Civil e organizaranse 1.600 dispositivos de control na comunidade autónoma.

A campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico divídese en dúas fases: a primeira, de operación saída, iniciouse este venres ás 15:00 horas e prolongarase ata a tarde do domingo, e a segunda será desde o mércores 13 ata o luns 18 de abril.

O lema da campaña é ‘Fagamos que o Big Data se equivoque’, en referencia á predición que fan os algoritmos que prognostican que nesta semana Santa morrerán 36 persoas nas estradas españolas, tres delas en Galicia. José Miñones lembrou que 23 persoas morreron no que vai de ano, sete máis que no primeiro trimestre do ano anterior e unha cifra similar á do mesmo período do 2019, e fixo cinco recomendacións: consultar o estado das estradas, facer uso do cinto, controlar a velocidade, non conducir baixo o efecto do alcol ou as drogas e realizar viaxes fóra dos horarios de maior intensidade de tráfico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha