Galicia acollerá o acto de entrega de bandeiras aos 104 sendeiros azuis de toda España

1 minutes read

Galicia acollerá a finais deste mes a cerimonia de entrega de bandeiras aos 104 sendeiros azuis galardoados en 2023 pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), un recoñecemento co que busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Adeac, José Palacios, renovaron o convenio anual que manteñen desde hai máis dunha década co fin de colaborar na campaña Bandeira Azul en Galicia e aproveitaron para confirmar que o vindeiro 24 de febreiro se entregarán os galardóns correspondentes aos sendeiros azuis 2023 de todo o país en Santiago de Compostela.