O 112 Galicia informou este venres da activación da ferramenta É-Alert, o sistema que permite enviar alertas instantáneas a todos os teléfonos móbiles nunha área xeográfica específica, debido aos incendios forestais que afectan a varias zonas do sur e sueste da provincia de Ourense. Nesas mensaxes apúntase que «ante o avance dos lumes, evite calquera desprazamento innecesario e permaneza na súa vivenda». Tamén se traslada que «se está no exterior e non ten onde confinarse, afástese dos lugares afectados» e solicítase seguir «as indicacións dos servizos de emerxencia» e manterse informado a través de fontes oficiais. A alerta foi recibida, entre outros, por veciños dos concellos de Oímbra, Cualedro, Monterrei, Laza, Verín, Vilardevós, Riós, A Mezquita, A Gudiña. Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Veiga, O Bolo, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Parada de Sil, Castrocaldelas, A Texeira, Sa Xoán de Río, Larouco, Petín, A Rúa, Quiroga, Ribas de Sil, Barco de Valdeorras, Vilamarín ou Rubiá. O 112 Galicia advertiu, ademais, dun empeoramento das condicións nas próximas horas na comunidade autónoma e pediu extremar as precaucións
33