Trátase dunha iniciativa pioneira orientada a proporcionar unha atención máis personalizada, ademais de apoiar a independencia dos maiores, cuxo contacto cos computadores está moi por baixo da media da poboación.
Este luns 3 de outubro empezou a funcionar a liña da Canle +65, que no número 900 333 666 evitará a escoita de mensaxes automatizadas e a marcación de opcións, facilitándolles ás persoas maiores o contacto cun operador humano.
A Canle+65
O teléfono é unha das ferramentas da Canle +65, que ten como obxectivo romper coa fenda dixital e facilitar o contacto directo coa Administración galega e que inclúe servizos como a cita en Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, ou a atención nas Oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia, así como nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia.