Durante a sinatura do convenio entre a Xunta e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a maior aposta de Galicia pola universidade, cunha mobilización de 3.200 millóns de euros, nos vindeiros cinco anos, centrada en eixos como a docencia innovadora, a internacionalización ou a investigación avanzada. O novo plan divídese en dous fondos: un financiamento non condicionado, é dicir, fondos de libre disposición para os campus, como por exemplo, para gasto corrente e mantemento de infraestruturas; ou para o plan de viabilidade financeira, eficiencia e mellora enerxética. E un financiamento da investigación para impulsar a I+d+i, cun 41% máis de investimentos, ata chegar aos 400 millóns de euros no quinquenio.
30