Galicia aposta por avanzar nas conexións ferroviarias con Portugal

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou ao alcalde do Porto, Rui Moreira, a aposta do Goberno galego por avanzar nas conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal. O mandatario autonómico mantivo esta semana en Vigo unha reunión co rexedor da cidade portuguesa na que abordaron cuestións estratéxicas tanto para o Eurorrexión como para o Eixo Atlántico. O encontro coincide co pulo das iniciativas que se están a poñer en marcha no eido da Eurorrexión para mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer a economía das persoas que viven e traballan na zona transfronteiriza. A mellora das infraestruturas ferroviarias son tamén fundamentais para que Galicia e o norte de Portugal aproveiten as oportunidades que ofrece o Eixo Atlántico para que o seu tecido empresarial e industrial poidan acadar posicións competitivas no panorama internacional.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?