Vodafone España e Vodafone Portugal, xunto a Ericsson levaron a cabo hoxe a primeira conexión 5G de datos transfronteriza do mundo, entre as localidades de Tui e Valença do Minho.
Deste xeito, dous xogadores profesionais do equipo Giants Vodafone (Fox y Tojor) completaron o traxecto entre Tui e Valença en dous coches mentres xogaban en sendas tablets a PUBG Mobile.
Durante o traxecto os gamers desfrutaron das vantaxes do 5G, con valores de latencia inferiores a 10ms e velocidades superiores aos 700Mbps.
O gaming é un dos sectores que se verá máis beneficiado desta tecnoloxía, xa que proporciona as latencias necesarias para xogar en tempo real en calquera momento e en calquera lugar. O 5G reducirá notablemente os tempos de resposta das apps móbiles, permitindo a aparición de novas categorías de xogos móbiles, así como de potenciais campionatos e ligas profesionais nestas plataformas.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibilitará o 5G en eidos como o vehículo conectado ou a extinción de incendios.