Galicia aspira a ser exemplo para toda Europa na atención aos maiores

Cedida

A conselleira de Política Social, Fabiola García, aspira a que Galicia sexa un exemplo para toda Europa na atención ás persoas maiores. Fíxoo este martes no congreso anual da Asociación Internacional de Psicoxeriatría que se celebrou por primeira vez en España, en concreto na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Fabiola García, que abriu un debate sobre o mapa de recursos existentes neste eido, destacou que a comunidade galega está á vangarda coa posta en marcha de numerosas medidas para mellorar a calidade de vida das persoas de máis idade. Neste sentido, recordou que as particularidades da demografía galega, un dos territorios máis envellecidos de Europa e cunha gran dispersión, incentiva á Xunta de Galicia a seguir mellorando as súas prestacións e a desenvolver iniciativas innovadoras como as Casas do Maior, pequenos centros de día no rural, ou o programa RedMay, que leva servizos de optometría, podoloxía ou estimulación da memoria a pequenos municipios.

Ademais, a conselleira de Política Social puxo en valor outras medidas levadas a cabo polo Goberno galego, como o aumento das prestacións das persoas dependentes para o pago dun coidador tanto profesional como familiar, ou o apoio a recursos pioneiros como os centros interxeracionais de Arteixo e Ourense, que impulsan a relación entre os máis pequenos e os nosos maiores e fomentan valores de gran importancia para ambos segmentos da poboación.

Neste senso, Fabiola García agradeceu á Asociación Internacional de Psicoxeriatría e ao seu presidente, Raimundo Mateos, por escoller España e, en especial, Galicia para realizar este congreso anual que se centra na saúde das persoas maiores cun enfoque integral e multidisciplinar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha