Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León piden á UE que escoite a súa postura sobre o lobo

Imaxe dun lobo_PIXABAY

As catro comunidades que albergan a maior parte da poboación de lobos de toda España, trasladáronlle ás autoridades europeas a necesidade urxente de manter un encontro presencial e conxunto, nalgunha das catro autonomías ou na sede da Comisión Europea en Bruxelas, para abordar o problema do lobo xerado pola súa recente inclusión na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe). En representación dos catro gobernos autonómicos, o conselleiro de Desenvolvemento  Rural, Gandaría, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Guillermo Blanco, viaxou este xoves a Bruxelas para entregarlle aos comisarios de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginjus Sinkevicius, e de Agricultura, Janusz Wojciechowski, unha carta elaborada conxuntamente cos seus homólogos de Galicia, Asturias e Castela e León para solicitar á Unión Europea que estableza criterios homoxéneos a nivel supranacional para modular de maneira adecuada a conservación do lobo coa loita contra o despoboamento, a conservación da biodiversidade e a produción de alimentos de calidade no medio rural.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha