Galicia asumirá en 2024 a coordinación da España Verde, a marca turística do norte peninsular

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na reunión celebrada en Vitoria-Gasteiz entre as distintas comunidades que forman parte da España Verde, a marca turística á que pertence Galicia xunto ás comunidades de Asturias, Cantabria e Euskadi. No encontro anunciouse que en 2024 a Comunidade galega asumirá a coordinación da marca nun acto que se celebrará no transcurso da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en xaneiro. No acto abordáronse algúns dos proxectos máis inmediatos como o proxecto do Corredor de Ecoturismo da España Verde, financiado con fondos Next Generation no que participan todas as comunidades. Será o maior corredor de ecoturismo de Europa e suporá unha importante oportunidade para que todas as Comunidades avancen nun modelo turístico sustentable desde o punto de vista social e ambiental con experiencias en espazos naturais e con servizos novidosos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha