Galicia avalía as oportunidades que ofrece Turquía en diferentes actividades

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro coa embaixadora de Turquía en España, Nüket Küçükel Ezberci, para reforzar os lazos comerciais e empresariais entre ambos territorios.

Durante a reunión, o titular do Goberno galego -acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo- e a embaixadora turca avaliaron as oportunidades que ofrece Turquía para o sector pesqueiro galego e a industria vencellada.

Ademais, tamén analizaron como afianzar as relacións económicas e empresariais noutros eidos tendo en conta que Turquía é un mercado grande, en crecemento e que ofrece oportunidades para empresas doutros territorios en asuntos como o transporte, a enerxía ou os bens de equipo.

As exportacións de produtos de empresas galegas cara Turquía foron medrando durante os últimos cinco anos ata chegar a preto de 591 millóns de euros no 2022. Nese mesmo ano, un total de 419 compañías galegas venderon a este país europeo. O maior volume de exportacións realízase no sector da automoción, seguido do téxtil e a industria química.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha