Galicia Calidade presentou en Fisterra a nova sinalización coa que se identifica ás empresas adheridas

1 minutes read

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, presentaron a nova sinalización, realizada con tellas cerámicas galegas de vangarda, coas que se identifica fisicamente as empresas adheridas a Galicia Calidade e que quere ser un símbolo da aposta decidida da marca de garantía da Xunta de Galicia pola sustentabilidade.  

No acto de presentación, celebrado no Hotel Bela Fisterra participaron tamén representantes de Tejas Verea, fabricantes das tellas, e do propio establecemento hoteleiro no que se celebrou o evento e que está certificado tamén por Galicia Calidade. Na súa intervención, Ana Méndez salientou que a nova sinalización se enmarca na estratexia de Galicia Calidade pola sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a bioeconomía circular. 

As novas sinais, que xa se mostran fisicamente nas fachadas das instalacións das máis de 150 empresas que contan co certificado de Galicia Calidade, son elementos naturais e sustentables, froito da combinación de arxilas galegas de proximidade e elementos naturais como a auga e o lume, e fabricadas baixo criterios de economía circular.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?