A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez,xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o xerente, Gonzalo Mosqueira, mantivo unha reunión de traballo cunha delegación da Junta de Andalucía, encabezada polo Secretario xeral da Auga, Ramiro Angulo, acompañado da directora xeral de Recursos Hídricos, Susana Benavides, e o director xeral de Infraestruturas da Auga, Álvaro Real Jiménez.
A Xunta deu conta do seu traballo para dotarse dunha normativa propia en materia de augas, adaptada á realidade territorial e ás problemáticas e intereses propios de Galicia e que pode, en moitos aspectos, extrapolable ás necesidades da comunidade andaluza.
Incidiuse no traballo desenvolvido desde a Xunta para adaptar a xestión ao novo contexto de cambio climático, co obxectivo de garantir a eficiencia no consumo, así como para asegurar que os galegos vexan respondidas as súas necesidades en relación coa auga e blindar o medio natural e actividades económicas como a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo.