Galicia conciencia da necesidade de respectar o labor do sector marisqueiro nos areais

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, fixo un chamamento aos visitantes dos areais sobre a importancia de respectar o traballo dos profesionais do marisqueo que na época de verán obteñen un terzo dos seus ingresos anuais. Así o destacou na praia grovense de Area da Cruz, que acolleu a presentación da campaña de sensibilización ‘Do mar, vívese’, posta en marcha polo Goberno galego en distintos areais de Galicia coa finalidade de concienciar un ano máis na época estival sobre os prexuízos que ocasiona a extracción ilegal de recursos marisqueiros aos profesionais desta actividade.

Con ese obxectivo, a Xunta levará esta iniciativa a un total de 50 praias galegas ata comezos do mes de outubro, abarcando o período no que se rexistra maior afluencia de xente nos areais. Deste xeito dá continuidade ás iniciativas de sensibilización desenvolvidas en anos anteriores coa finalidade de seguir concienciando á cidadanía sobre a importancia do marisqueo e a ilegalidade que supón a extracción de marisco sen permiso de explotación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha