Galicia condena a invasión de Ucraína e amosa o apoio ao seu pobo

Galicia mantivo contactos co Ministerio de Exteriores, en canto se tivo coñecemento da invasión, para coñecer se algún galego residente en Ucraína precisaba asistencia, así o declarou Feijóo este xoves, quen reiterou a intención da Comunidade de seguir colaborando e sendo útil.

A este respecto, salientou o ofrecemento de poñer á disposición preto de 500 camas nas sete áreas sanitarias con espazo específico para pacientes pediátricos e pacientes con tratamento oncolóxico; así como o compromiso de achegar unha listaxe cos recursos dispoñibles para acoller refuxiados.

Ademais, sinalou que se mantiveron reunións e contactos coas asociacións que traballan na protección internacional e coa recentemente creada asociación de ucraínos residentes en Galicia para coñecer as súas demandas e necesidades. Por último, pediu que se habilitase un mecanismo permanente de colaboración para o envío de axuda humanitaria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha