A construción destes novos depósitos enmárcase na liña de axudas que anualmente saca a Consellería do Medio Rural para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor). Así, a orde contempla dúas liñas de actuacións, por unha parte subvencións para o control selectivo de combustible e, por outra, a construción de puntos de auga. No marco do Plan Preventivo de Galicia 2021, tamén se está a levar a cabo o mantemento dos case 4.000 puntos de auga que están repartidos estratexicamente pola xeografía galega.