Galicia contará con centros provinciais de atención 24 horas ás vítimas de agresión sexual

Stop violencia machista_PIXABAY

As vítimas de agresión sexual contarán con catro centros de referencia, un por provincia, onde poderán recibir atención as 24 horas do día. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, adiantou no pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que a Xunta está a elaborar un estudo diagnóstico cara á implantación e localización destes puntos, que situarán a Galicia na cabeza da loita contra a violencia sexual. Por medio destes centros prestarase acompañamento e realizaránse intervencións psicolóxicas ou sociais de forma presencial, en liña e telefónica, a todas as vítimas e superviventes que teñan sufrido violencia sexual no pasado ou no presente. Tamén aos seus familiares que o necesiten ou a persoas do seu entorno íntimo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha