O Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades busca a excelencia na vixilancia epidemiolóxica e tamén protexer e mellorar a saúde e a seguridade dos cidadáns. Entre os seus obxectivos estarán a implantación de estratexias que permitan o mellor control da enfermidades, así como contribuír á preparación do sistema público de saúde de Galicia ante riscos e ameazas. Tamén se impulsará o traballo en rede coas entidades sanitarias, académicas e de investigación, apostando polo emprego de ferramentas baseadas na intelixencia artificial. Así, a Consellería de Sanidade potenciará “un traballo en rede que estea á vangarda en ciencia, calidade e seguridade” e incidirá nunha resposta rápida aos gromos, a posta en marcha de accións temperás e estratexias de prevención apropiadas e inmediatas.
20