Galicia contará cunha antena en Londres para asesorar ás empresas galegas ante o Brexit

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou durante a súa participación nun seminario sobre o Brexit organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEP) en Vigo que este mes de marzo a Xunta abrirá unha antena en Londres para atender as demandas de información do tecido produtivo galego e que este poida manter o seu posicionamento no Reino Unido, que é o cuarto destino das exportacións galegas.

Xunto con este apoio sobre o terreo, a Oficina Brexit posta en marcha a través do Igape tamén contempla apoios como o Cheque Brexit, para cubrir servizos de consultoría, que se pode solicitar ata o 17 de maio cun orzamento dun millón de euros. Ademais, activouse unha plataforma de autodiagnóstico que permite ás empresas coñecer de forma personalizada o impacto do Brexit no seu día a día para poder anticiparse e adoptar as medidas oportunas. Ata o momento, 130 empresas galegas xa empregaron esta ferramenta, entre as que se identifica un nivel de exposición medio, o 43% da provincia de Pontevedra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha