A nova unidade de Ensaios clínicos en fases temperá do Instituto de Investigación Sanitaria está no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. A certificación acadada aporta un valor significativo, xa que garante o labor de excelencia por parte dos investigadores. Así, esta excelencia materializase na consecución de avances pioneiros nos ámbitos da oncoloxía, a hematoloxía, ou a neonatoloxía.
Os ensaios clínicos con medicamentos son unha ferramenta clave na investigación clínica á hora de probar novos fármacos, previa autorización a súa comercialización. Neste senso, para demostrar a eficacia e seguridade dos medicamentos séguese un estrito protocolo de actuación e garántense unhas condicións de control e seguridade.
Por outra banda, os ensaios en fases temperás permiten, aos pacientes acceder a novas terapias dun xeito precoz.
En cifras, o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela rexistra na actualidade 700 ensaios clínicos activos, dos que 147 se iniciaron en 2021 e un 30% son ensaios clínicos pertencente a fases temperás.
A Unidade de Ensaios clínicos sitúase no andar -1 do Hospital Clínico de Santiago e conta cunha consulta médica, hospital de día e un sistema de monitorización continua; Ademais, tamén conta cunha sala de procesamento e conservación de mostras biolóxicas.