Así o anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García, nunha visita que realizou o almacén da Asociación Galega de Axuda (AGA-Ucraína) no polígono de Pocomaco, na Coruña. Esta entidade foi creada por persoas de orixe ucraíno para dar resposta á solidariedade da sociedade galega ante esta situación. A conselleira sinalou que, aínda que o fluxo de refuxiados se desacelerou nas últimas semanas, é o momento de facilitar o acceso a persoas que chegaron á nosa Comunidade a servizos que atendan ás súas necesidades. Neste sentido, adiantou que a vindeira semana porase en marcha unha unidade móbil que leve información por toda Galicia á poboación ucraína sobre todas as prestacións que teñen á súa disposición e de que maneira poden regular a súa situación na Comunidade.
27