33
A Xunta de Galicia poñerá ao dispor dos concellos en xaneiro unha plataforma informática que posibilitará o rexistro dos núcleos rurais abandonados e a súa difusión pública para que os seus propietarios poidan ofrecer os seus inmobles en venda ou alugueiro. Esta ferramenta permitirá poñer en contacto aos propietarios de inmobles en núcleos rurais abandonados con quen estea interesado na súa compra ou xestión para proceder á rehabilitación e posta en valor destas zonas. O Executico autonómico invitará á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e ao Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria a colaborar nesta iniciativa.