Galicia contará o vindeiro curso coa maior oferta de FP da súa historia

1 minutes read

Galicia vai contar o vindeiro curso 2023-2024 “coa oferta máis alta e numerosa de Formación Profesional” da súa historia ao contar con 42.174 prazas de novo ingreso, un 12% máis respecto ao ano académico que remata. “Créanse 4.500 novas prazas, o que supón que a oferta medra en todas as áreas e todos os sectores”, indicou o presidente Rueda. Esta oferta foi deseñada a través do Plan Conecta FP Galicia que busca coñecer as necesidades do tecido produtivo galego “e adaptar a oferta formativa ás demandas actuais das empresas”. Para iso, nos últimos meses realizáronse diferentes encontros sectoriais e territoriais nos que participaron máis de 10.000 empresas, 400 asociacións e clústeres e máis de 300 centros educativos expresaron as necesidades de cualificación de traballadores dos diferentes sectores socioprodutivos e áreas.