Galicia contará en breve co primeiro Plan galego contra a trata e a explotación sexual

1 minutes read

A Xunta está ultimando o I Plan galego contra a trata e a explotación sexual, un documento que se presentará antes do verán e no que se incorporarán medidas novidosas para previr, sensibilizar e facer fronte a estas situacións que supoñen unha profunda violación dos dereitos humanos, da dignidade e da liberdade da persoa, e constitúen unha forma de delincuencia grave, que na maioría das ocasións implica organizacións delituosas ás que proporciona importantes beneficios baseados na utilización das persoas con distintos fins de explotación. Este documento pretende ser referencia para axudar a coñecer esta problemática social, as súas consecuencias, e promover pautas de actuación ante a identificación de posibles situacións deste tipo.
A publicación recolle 39 recomendacións para abordar a trata con fins de explotación sexual desde o ámbito das Forzas de Seguridade, xurídico, sanitario, social, educativo e dos medios de comunicación.