Galicia destrúe case 4.000 empregos en novembro

1 minutes read

O mes de novembro rematou con 1.352 persoas máis rexistradas como paradas nas oficinas de emprego galegas e case o triple (3.860) afiliadas menos á Seguridade Social. Son as cifras principais dos datos feitos públicos polo Ministerio de Traballo. 

O desemprego rexistrado alcanza en Galicia a 165.659 persoas, un incremento do 0,8% respecto ao mes anterior, pero un 2,76% menos que no mesmo mes do ano pasado, cando había 4.710 persoas paradas máis. A suba do paro en novembro é maior á media estatal (+0,65%) e a baixada interanual inferior á do conxunto de España (-2,76% fronte a -1,68%).

O paro rexistrado sobe en todas as provincias agás en Ourense, onde baixa en case 200 persoas, e increméntase en todos os sectores, especialmente nos servizos, agás na industria e no colectivo sen emprego anterior. É, ademais, o cuarto incremento consecutivo e o peor dato desde 2016.