Galicia duplica en seis meses as instalacións fotovoltaicas de autoconsumo

A suba do prezo dos combustibles fósiles e da electricidade acelera a transición ecolóxica nos fogares e nas pequenas empresas. Ademais do contexto enerxético actual, os expertos subliñan outras dúas razóns para o auxe da enerxía fotovoltaica. A máis importante é a redución do prezo dos paneis solares respecto a hai dez ou quince anos.

A segunda razón sería a maior contía e a simplificación dos trámites nas axudas públicas. A liña de axudas do Instituto Enerétivo de Galicia (INEGA), procedentes dos fondos europeos de recuperación e resiliencia, tivo que duplicarse ante o aluvión de peticións para enerxía fotovoltaica. Pasouse de 31 millóns a mais de 62.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha