Galicia e Euskadi intercambian experiencias de boas prácticas na formación profesional


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse co lehendakari, Iñigo Urkullu, e co conselleiro de Educación de Euskadi, Jokin Bildarratz, unha xuntanza na que se intercambiaron experiencias de boas prácticas na Formación Profesional en ambas as comunidades. A visita institucional, que se desenvolveu nas instalacións da Lehendakaritza e en dous centros educativos, ten como obxectivo estreitar a colaboración para establecer sinerxías que permitan impulsar aínda máis o éxito da FP galega, e que esta tamén poida compartir os seus puntos fortes co modelo vasco. No encontro participaron, así mesmo, o secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira, e o viceconselleiro de Formación Profesional do Goberno vasco, Jorge Arévalo.