A reunión do pleno da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde tivo lugar este mércores en Santiago, presidida pola ministra de Sanidade, Carolina Darias. No transcurso desta xuntanza, na que se analizou o último informe periódico sobre oferta e necesidades de profesionais médicos, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu de novo na necesidade de adoptar medidas de xeito urxente para paliar o déficit de profesionais sanitarios, que pode chegar a ser preocupante en especialidades como medicina de familia de atención primaria. O conselleiro insistiu en ampliar na medida do posible as prazas MIR que serán ofertadas proximamente. O informe presentado polo Ministerio fai especial fincapé nas prazas de difícil cobertura, centrándose na atención en primaria. Sen embargo, Galicia lembra que hai que facer atractivas as prazas tamén nos hospitais comarcais, polo que o conselleiro insistiu en que se outorgue unha puntuación adicional por servizos prestados en postos de difícil cobertura.
51