Galicia e Portugal manterán as fronteiras pechadas ata o 1 de maio


Galicia e Portugal seguirán estando divididas por mor da pandemia. Ambos os países prorrogan o peche das fronteiras quince días máis, é dicir, ata o un de maio.

Cruzar a un e outro lado faise polos pasos habilitados e por causas xustificadas, como motivos laborais ou familiares. A ponte de Tomiño con Vilanova de Cerveira, pechada completamente dende o 31 de xaneiro, reclama axudas europeas para compensar este dobre impacto económico.

E aínda que a vida continúa, en lugares coma Goián, moitos sectores, coma a hostalaría e o comercio, seguen resistindo sen saber moi ben cal vai ser o seu futuro.