Galicia é xa unha referencia en tecnoloxía para os vehículos non tripulados

1 minutes read

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovacion, Francisco Conde, salientou que Galicia é xa unha referencia nos vehículos non tripulados, con 70 compañías que xa se dedican ao sector aeronáutico. Conde, que lembrou que a Xunta leva cinco anos traballando neste eido xunto coas empresas e outras administracións, impulsando a colaboración público-privada e a compra pública de innovación, subliñou que na primeira etapa do Polo Aeroespacial de Galicia xa se mobilizaron 164 millóns de euros.

Ademais, aceleráronse 24 empresas a través da Business Factory Aero; e implicouse a máis de 900 profesionais e 50 empresas e centros de coñecemento; desenvolvendo tamén 62 solucións innovadoras que están xa no mercado. Nesta nova etapa, asinaranse convenios con Airbus, Babcock e Telespazio, que dan continuidade ao traballo xa desenvolvido tamén con Indra e Boeing. O obxectivo a través destes acordos é alcanzar un investimento público-privado de 320 millóns de euros ata 2026 para seguir consolidando un sector que xa é unha realidade en Galicia.