Galicia en Común e Más País confirmanlle ao Rei o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez

1 minutes read

O rei Filipe iniciou este martes a rolda de consultas cos partidos políticos para propoñer un candidato á investidura. En total son 18 as formacións que acoden á cita, porque o BNG, Esquerra Republicana, EH Bildu e a Cup declinaron reunirse co xefe de Estado. Nesta primeira xornada pasaron pola Zarzuela os líderes de 9 partidos, os que teñen menos representación parlamentaria.

Os partidos minoritarios expuxeron ante o Rei as súas inquedanzas territoriais, e nalgúns casos trasladáronlle o seu rexeitamento a que o PSOE poida facer cesións ao independentismo. Máis alá diso, a maioría din que teñen aínda por decidir o seu voto, que dependerá do que negocien con Pedro Sánchez. O Rei remata este mércores a rolda de consultas. Despois de escoitar os representantes de todos os partidos será cando decida se propón a Pedro Sánchez candidato á investidura.

Galicia en Común e Más País confirmáronlle ao Rei o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez.

As formacións rexionalistas trasladáronlle ao xefe de Estado as súas inquietudes territoriais, e nalgúns casos preocupación polas negociacións do PSOE con Esquerra Republicana, que van condicionar, aseguran, o seu voto na investidura.