Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino visitaron a Pobra do Caramiñal onde se reuniron coa xente do mar e onde insistiron en que este sector produtivo é estratéxico para Galicia e tamén para o estado. Afirmaron que no seu programa está o recoñecemento das enfermidades profesionais e as xubilacións anticipadas sen penalización dos coeficientes redutores:
«Temos que avanzar en cuestións que son fundamentais para Galicia. Por exemplo, as políticas de descartes cero, a defensa das artes do xeito, da pesca tradicional, da pesca sostible e sen dúbida, todo o que ten que ver con esa etiquetaxe que non somos capaces de conseguir para eses produtos que son levados adiante con tarefas non agresivas.» Dixo Yolanda Díaz, candidata de Galicia en Común por Pontevedra.
40