Galicia recibiu un total de 18 estrelas Michelin para 16 dos seus restaurantes, o que reafirma que a proposta galega sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia. Dos 16 restaurantes, dous deles, Culler de Pau e Camiño da Serpe, acadan dous destes distintivos.
Durante esta celebración, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O ´Pazo, en Padrón recibiron unha estrela Michelin. Así, os chefs Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, do restaurante ourensán, e Óscar Vidal, do restaurante situado no concello coruñés, recibiron as icónicas chaquetas de cor branca polo súa labor.
Estes dous novos locais súmanse, desta forma, ao listado máis importante a nivel gastronómico do que forman parte Árbore da Veira (A Coruña), As Garzas (Malpica), Retiro da Costiña (Santa Comba), A Tafona (Santiago), Casa Marcelo (Santiago), Culler de Pau (O Grove), Yayo Daporta (Cambados), Eirado da Leña (Pontevedra), Casa Solla (Poio), Pepe Vieira (Poio), Maruja Limón (Vigo), Silabario(Vigo), Nova (Ourense) y Miguel González (Pereiro de Aguiar).
Durante esta celebración, o restaurante Camiño da Serpe, de Pepe Vieira, conseguía a súa segunda estrela e convertíase así, xunto con Culler de Pau de Javier Olleiros, no segundo restaurante galego en contar con dous destes distintivos