A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, indicou que por parte do Ministerio de Sanidade trasladóuselles «que é posible que nos entre algunha dose» o que levou á Xunta, expuxo, a «reprogramar» a vacinación para ver «como compaxinar ambas», dixo sobre esta vacina e a de Pfizer. «Probablemente poderían entrar durante a segunda semana de xaneiro, estamos pendentes de que nos confirmen as doses exactas, pero calculamos que non superarán as 30.000 nestes primeiros dous meses», precisou. Preguntada sobre as doses recibidas, sinalou que nestes momentos están a chegar a Galicia de Pzifer «18.500 semanais». «E esta previsión, entre 18.500-19.500, vaise a prolongar durante o primeiro trimestre do ano».
Galicia espera recibir unhas 30.000 doses da vacina de Moderna
Imagen de una vacuna contra la Covid-19