38
No intervalo de 24 horas transcorrido, o Sergas certificou a morte de seis persoas máis por esta enfermidade (tres delas usuarios de residencias xeriátricas). A elas hai que sumarlle outros tres falecementos notificados este mediodía, co que a cifra total de vítimas mortais é de 572 persoas. Os tres últimos finados son dous varóns de 81 e 82 anos e unha muller de 93 anos que estaban ingresados no CHUAC.
Por áreas sanitarias, baixa a incidencia en todas elas, agás na de Lugo, onde hai un caso máis. Ademais, das 131 persoas recuperadas, case a metade son usuarios ou profesionais de centros residenciais. O número de pacientes en UCI mantense en 34 persoas.