0
O 25 de setembro, en tres semanas, vai comezar a campaña do Sergas para inmunizar contra o virus respiratorio sincitial os menores de dous anos. Esta campaña de vacinación alcanzará tamén aos bebés nados a partir do 1 abril deste ano (que serán citados entre o 2 e o 15 de outubro). Tamén serán inmunizados os menores prematuros (nacidos desde o 1 de outubro de 2021) e os menores de dous anos que sexan considerados de alto risco por padecer patoloxías como displasia broncopulmoar ou cardiopatías. Anunciábao este martes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto de inicio de curso das escolas infantís.