A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou as propostas que a Xunta tomará como punto de partida para debater co sector de cara a revisión da Política Pesqueira Común (PPC), unha tarefa que a Comisión Europea prevé abordar no ano 2022. Neste sentido, a titular de Mar explicou que Galicia defende unha reforma da PPC que estea baseada na igualdade, a sustentabilidade e a remuda xeracional. Estes son tres dos cinco grandes retos que a Xunta considera que debe abordar a PPC e a eles engádese a adaptación ao cambio climático e a cogobernanza global. Rosa Quintana sinalou que é fundamental ter unha política pesqueira forte para defender os intereses do sector ante terceiros países e que todos desenvolvan a súa actividade de xeito equitativo.
35
