O Goberno vasco subvenciona con ata un máximo de 3.000 euros os gastos das cotas da Seguridade Social e o alugueiro do local dos autónomos cuxas actividades fosen suspendidas pola declaración do estado de alarma, aínda que con límite de beneficiarios, mentras que a Generalitat puxo en marcha unha axuda directa de ata 2.000 euros para os autónomos que acrediten unha importante redución de ingresos en marzo en comparación con marzo de 2019. Valencia, Madrid, Cantabria, Asturias ou Andalucía tamén están entre as Comunidades que proporcionaron axudas directas aos autónomos. Tanto Galicia en Común como o BNG, lembran que Galicia é unha das poucas comunidades que non outorgou axuda directa ningunha a autónomos, para quen o Bloque propoñía unha achega de 2.000 euros e a supresión da cota durante tres meses.
37