Galicia ocupa a sexta posición estatal no uso de software libre

1 minutes read

A maioría das empresas galegas empregan software libre, case nove de cada dez empresas de 10 ou máis traballadores con sede en Galicia (85,2%) o empregan. Tamén está moi presente nas empresas de menos de 10 empregados, chegando ao 66,4%, cun crecemento do 10,7% no período 2018-2021, fronte ao 3,9% que medrou a media estatal, reducíndose a distancia de 4,8 puntos porcentuais no 2018 a 0,9 puntos porcentuais no 2021.

Son parte dos resultados da análise da presenza do software libre nas empresas galegas elaborada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

As tipoloxías de software libre que máis presenza teñen nas empresas galegas son os navegadores de internet, as aplicacións ofimáticas e os sistemas operativos.