Galicia ofrécese a colaborar na acollida de menores chegados a Ceuta

1 minutes read

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou nunha reunión telemática de urxencia convocada polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 para tratar esta cuestión.

Jacobo Rey trasladou o apoio e solidariedade do Goberno galego a Ceuta polos momentos difíciles que se están a producir na fronteira con Marrocos. Nesta liña, amosou a disposición da Administración autonómica para axudar dentro das posibilidades nesta situación extraordinaria como xa fixo no proceso de acollemento de menores non acompañados chegados a Canarias.

O Ministerio comprometeuse a trasladar ás comunidades un documento técnico coa proposta de reparto de prazas que lle corresponderían a cada Comunidade Autónoma. O director xeral sinalou que a Xunta analizará agora este documento e fará as achegas que considere oportunas para tratar de axudar na medida do posible.