Galicia outorga novas mencións de excelencia a tres másteres universitarios

As titulacións que logran a mención de excelencia son o másteres en Enxeñería Química e Bioprocesos (Campus Santiago) da Universidade de Santiago de Compostela (USC); en Química Orgánica (Campus Santiago) tamén da USC, a Universidade Autónoma de Madrid (UAM) e a Universidade Complutense de Madrid (UCM) e en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (Campus Coruña)  da Universidade da Coruña (UDC).

Xa son 12 as titulacións que contan con esta mención que reflicte a súa calidade e nivel de solvencia científica, técnica e formativa, un selo implantado hai tres anos. As primeiras titulacións que obtiveron o recoñecemento foron os másteres en Enxeñería Informática e en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, ambos da UDC, así como o de Enxeñería Ambiental da USC. Tamén recibiron esta mención en Bioinformática para Ciencias da Saúde (UDC), en Biotecnoloxía Avanzada (conxunto entre UVigo e a UDC) e en Tradución para a Comunicación Internacional (UVigo), en Matemática Industrial (impartido entre USC, UDC e UVigo), en Computación de Altas Prestacións (entre A Coruña e Santiago) e en Produción Xornalística e Audiovisual (da UDC).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha