Galicia participará no Cumio do Cambio Climático de Glasgow, COP26

1 minutes read
  • A Comunidade aproveitará para atopar sinerxías con outras rexións tamén comprometidas de xeito ambicioso en reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistirá ás actividades do vindeiro domingo, 7 de novembro. Este novo cumio, que deu inicio a pasada fin de semana e se prolongará ata o 12 de novembro, permitirá poñer en contacto a gobernos de todo o mundo e abrir un debate sobre os diferentes proxectos e iniciativas que cada rexión promove para frear o avance da crise que provoca este fenómeno global.

A conselleira manifesta a oportunidade que representa este evento para Galicia, non só para expoñer o traballo que se está a desenvolver nesta parte atlántica de Europa; senón tamén para coñecer os proxectos que se realizan noutras rexións punteiras pola súa acción polo clima, así como a experiencia e visión dos líderes en cuestións tan importantes como a evolución das emisións de CO2. Deste xeito, reforzarase o traballo que realiza Galicia neste ámbito.